A pesar de saber de antemán que non era posible superar os relatos do alumnado e, sobre todo, a pesar de saber que non había premio posible, houbo algún profe/a que non puido resistir a tentación de escribir algo e deixaron aquí as súas tentativas.
P.D.: Admítense apostas a ver quen escribiu qué
O MEU GRAN DÍA
Na mañá de Nadal espertei cunha sensación estraña. Pola noite soñara que ía ser o meu gran día, que sería o auténtico protagonista dunha festa colosal. Escoitei as risas dos nenos espertando e cómo fervía a auga no lume da lareira. De súpeto decateime de que xa recolleran os ovos da miña veciña, cando da bodega me chegou o son arrepiante da folla do coitelo que o amo afiaba mentras viña cara o curral. As prumas puxéronseme de punta e a crista viroume branca. É Nadal e, efectivamente, os amos preparan unha festa colosal. E eu son o gran protagonista. (100)

A OPORTUNIDADE
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. Mirei arredor. Non vin nada anormal. Todo igual. Parecía que o día voltaría a ser coma tantos outros, un máis.
Sen embargo, a sensación permanecía. E entón fixeime: a porta quedara aberta. Toda a familia marchara. Seino prque escoitei o coche. Era a miña oportunidade, probablemente a única. Descolgueime con coidado. A árbore era grande e o chan estaba lonxe. O primeiriño, chamar a unha axencia de viaxes. Billete para o Caribe. Estaba farto de neve. Antes de saír botei unha ollada ao meu antigo traxe encarnado. Deixeino tirado no trineo. (99)

LIBERDADE CHISPEANTE
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. Deitado naquel escuro, frío e silandeiro almacén, aburrido de permanecer alí, sentín un formigueo. Estaba nervioso pola nova aventura que comezaba. Non sabía o que estaba a pasar, pero ía dun lugar a outro sen acertar a imaxinar cal sería a fin daquela viaxe. Quería que chegara o final, quizais atopara a libertade que tanto anceiaba. Si, por fin, burbulleando nas copas, chispeante…. A viaxe merecera a pena, por fin sentíame libre, aínda que esta libertade supuxera o final da miña existencia, producindo a ledicia dos que me saboreaban. (97)
SORPRESA
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. Sabía que non tiña que ir traballar. O despertador non soara, pero o meu corpo empeñábase en me botar da cama.
¡Dábame igual que día fora! Na miña casa xa non había árbore de Nadal, nin regalos para os pequenos, porque non había pequenos; nin turróns, pola miña diabete.
Vivía soa, os que me importaban estaban lonxe, e realmente nunca significara nada especial para min esta data.
Mentres almorzaba, acendín a radio. Comprobei que no mundo tampouco se decataran de que era Nadal. Entón soou o timbre da porta. (97)

1 comentario:
HOLA PROFE!!!! ¿QUÉ TAL? XD.
BUENO ESTÁN MOI BEN TODO ESTO JEJEJE. LIN TODOLOS CONTOS ^^.
BUENO BYE!!!
SALUDOS.
SARA
1ºD
Publicar un comentario