31/10/09

Relatos do Samaín 09
Todos cumpren as condicións: menos de 100 palabras, e incluír obrigatoriamente arrepío, suor, espello.

O CAMIÑO
Pasei a man pola fronte para secar o suor que me envolvía todo o corpo, estaba cansada pero sabía que non podía permitirme parar de correr, tiña que seguir, non podía deixar que me colleran, non estaba disposta a perder tan facilmente.
A chuvia batía en min fortemente, un enorme arrepío percorreu o meu corpo de pés a cabeza. Por moito que me pesara tiña que seguir correndo como fose, xa non sabía de onde quitar forzas.
Inclinei a cabeza, necesitaba verme no espello que formaba a poza, non me devolveu o reflexo.
Ana Antelo Castelo 2ºC

O REFLEXO
Era un día calquera, coma todos os días eu estaba vestíndome no meu cuarto e mirándome ao
espello cando, de súpeto, vexo coma un rapaz pálido, moreno e de pelo escuro estábame mirando. El seguía aí, a min subiume un arrepío polo corpo e comecei a suar. El díxome que era a miña hora, pero eu non sabía que quería dicir. Chamei a miña nai, pero non me contestou. Cando fun á cociña estaban todos asasinados. Eu paso agora os días encerrado nun manicomio vendo a ese rapaz que, en realidade, era o meu reflexo.
Michael Pérez Riveiro 2ºA
LA HUÉRFANA
Una noche de invierno, en una casa abandonada en un bosque, vivía sola una chica h
uérfana. Estaba sentada en su sofá viendo la tele, cuando sintió un escalofrío como si algo malo fuese a pasar. Poco después escuchó que alguien llamaba a la puerta y fue a mirar. Del miedo que tenía le caían las gotas de sudor y, cuando abrió la puerta, sitió que la agarraban por detrás y desde aquel día non se supo más de ella. Y dicen los que vivieron en esa casa que al mirarse al espejo veían la imagen de la huérfana.
Sara Carril Rey 1ºC

UNA NOCHE CUALQUIERA
U
na noche muy oscura cuando me dirigía a casa de mi abuela escuché un ruido que provenía de una casa muy vieja y abandonada que se encontraba en un callejón sin salida. Me acerqué porque soy muy curiosa, y me encontré con unhas escaleras larguísimas. Cuando estaba subiendo comencé a sudar, al fondo de un pasillo había un espejo. Sólo con mirarlo me daban escalofríos, me acerqué colocándome delante y, ante mi asombro, descubrí que no me reflejaba en el espejo.
Aurora Parga González 1ºC

E aquí tedes dous relatos feitos por profes/as. Unha piruleta para quen me saiba decir quen os escribiu.

QUERO SAÍR
Non sei canto tempo levaba naquela habitación escura. Era un espazo que se facía máis pequeno día a día. Estaba baleiro, sen espellos e decoración algunha. Apenas podía moverme. Unha especie de suor quente percorría meu corpo. Non tiña fame. Alguén que non vía, alimentábame a diario. Cando me sentín con forzas comencei a patear nas paredes. De súpeto, fíxose a claridade. Non dubidei e lanceime cara á luz. Era moi potente, case que cegadora. Un grito arrepiante veu de fóra. Unhas mans poderosas agarráronme polo pescozo e tiraron tanto que rompín a chorar: nacera.
Lisbeth Salander

Noite eterna
Escuridade! Era o único, escuridade. O meu corpo afundíase nun mar de dor, nun suor frío, xélido, nun arrepío estremecedor. Só tiña a sensación de perda, de que algo dentro de min íase desfacendo, como néboa perdida na noite escura.
Aos poucos notei como o sentido retornaba a min. Distinguín unha luz estraña, entre nubes negras, coma un espello da miña alma.
De pronto sentinme forte, moi forte. Souben que non estaba vivo, que non estaba morto. Só tiña conciencia dos dous puntos vermellos no meu pescozo e de que tiña fame, unha fame feroz, de sangue fresco.
Siniestro