19/12/06

Ecritor grande - Relato pequeno

Xa temos gañadores do I Certame de Micro-Relatos
No 2º Ciclo o relato gañador foi o titulado "A fe" de Alberto Carril Vidal, de 3ºB

A fe
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña: ademais da resaca mental producida pola borracheira de exames da semana pasada, sentía unha dor aguda na cabeza, como se me estivesen forxando o cerebro. Eran as seis da mañá, só estaba eu esperto, e como dende os nove anos (data na que deixei de crer en Papá Noel e todo iso), ningún regalo baixo a árbore. Vou a ventá a ver se vía un preguiceiro amencer e sentín un ruído como o de varios “cabalos” polo arredores. Saio a fóra e penso para min: -a ver se vai ser… ¡FE, AMIGOS! (100)

Non puido gañar, pero gustounos o de Alicia:

O oco
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. Eran as nove da mañá e sentía que me faltaba o alento ó contemplar o oco baleiro da árbore de Nadal. Pensaba nos regalos que antes xacían baixo a árbore e as bágoas rozaban as miñas meixelas. Faltábame todo, era Nadal e non tiña regalos, non tiña adornos, non tiña árbore, non tiña nada. Unha das festas máis familiares do ano e ningún pequecho choutando de alegría ó redor da árbore, ausente. No meu fogar faltaba a ilusión, a esperanza, a inocencia da infancia. Os rapaces que antes había xa creceran. (99)
(Alicia Ogando Martínez – 3ºA)



No 1º Ciclo o gañador foi o relato "O susto" de Lidia Carracedo Oanes 1ºD

O susto
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. Tivera un soño, como se alguén intentara entrar na miña casa. De repente sentín un ruído e berrei:- ¡Quen está aí, hai alguén abaixo!Eu estaba moi asustada, tremía de medo, era como nas películas de medo cando o asasino entraba pola ventá.Armeime de moitísima carraxe e baixei a ver o que pasaba alí abaixo. Ó baixar polas escaleiras tremíanme as pernas como se foran follas tiradas na rúa por un vendaval. Cando cheguei a xunto da árbore…- Aaaaah…! ¡Era a miña gata! ¡Que desastre! (96)



Non puido gañar, pero gustounos o de Rubén:


Pesadelo no Nadal
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. A noite anterior fora de festa, durmira moi pouco e bebera de máis. “Non debín beber”. Pasei a noite malamente, pesadelo tras pesadelo. De repente espertaba suando e moi asustado, ¡outro pesadelo! Fíxenme a firme proposta de non volver tocar o alcohol. Todos che din: “é Nadal, bebe un pouquiño, non pasa nada”.Non o pasara tan mal na miña vida e non o quero volver pasar así. ¡Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña, moi estraña! (86) (Rubén Oroña Domínguez – 2º B)

...................................

Pero as sorpresas non rematan aquí. Temos relatos incluso en Francés!! Mirade o que escribiu Tamara Lema, de 3ºB:

Le matin de Noël je me suis réveillée avec une sensation étrange. Ma maison était trés décorée,il y avait un sapin de Noël, des chaussettes de Noël et du chocolat. Je me suis levée, je suis allée à la salle de bains et j'ai regardé par la fenêtre parce que la rue était pleine de neige. Je suis sortie de la salle de bains comme un éclair. Je suis descendu par les escaliers et sous le sapin j'ai vu beaucoup de cadeaux. Cinq pour moi, Père Noël m'a laissé cinq cadeaux pour moi !J'étais très contente.
Joyeux Noël! (98 mots)

18/12/06

Profe grande - Relato pequeno

A pesar de saber de antemán que non era posible superar os relatos do alumnado e, sobre todo, a pesar de saber que non había premio posible, houbo algún profe/a que non puido resistir a tentación de escribir algo e deixaron aquí as súas tentativas.
P.D.: Admítense apostas a ver quen escribiu qué

O MEU GRAN DÍA
Na mañá de Nadal espertei cunha sensación estraña. Pola noite soñara que ía ser o meu gran día, que sería o auténtico protagonista dunha festa colosal. Escoitei as risas dos nenos espertando e cómo fervía a auga no lume da lareira. De súpeto decateime de que xa recolleran os ovos da miña veciña, cando da bodega me chegou o son arrepiante da folla do coitelo que o amo afiaba mentras viña cara o curral. As prumas puxéronseme de punta e a crista viroume branca. É Nadal e, efectivamente, os amos preparan unha festa colosal. E eu son o gran protagonista. (100)
A OPORTUNIDADE
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. Mirei arredor. Non vin nada anormal. Todo igual. Parecía que o día voltaría a ser coma tantos outros, un máis.
Sen embargo, a sensación permanecía. E entón fixeime: a porta quedara aberta. Toda a familia marchara. Seino prque escoitei o coche. Era a miña oportunidade, probablemente a única. Descolgueime con coidado. A árbore era grande e o chan estaba lonxe. O primeiriño, chamar a unha axencia de viaxes. Billete para o Caribe. Estaba farto de neve. Antes de saír botei unha ollada ao meu antigo traxe encarnado. Deixeino tirado no trineo. (99)
LIBERDADE CHISPEANTE
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. Deitado naquel escuro, frío e silandeiro almacén, aburrido de permanecer alí, sentín un formigueo. Estaba nervioso pola nova aventura que comezaba. Non sabía o que estaba a pasar, pero ía dun lugar a outro sen acertar a imaxinar cal sería a fin daquela viaxe. Quería que chegara o final, quizais atopara a libertade que tanto anceiaba. Si, por fin, burbulleando nas copas, chispeante…. A viaxe merecera a pena, por fin sentíame libre, aínda que esta libertade supuxera o final da miña existencia, producindo a ledicia dos que me saboreaban. (97)
SORPRESA
Na mañá de Nadal esperteime cunha sensación estraña. Sabía que non tiña que ir traballar. O despertador non soara, pero o meu corpo empeñábase en me botar da cama.
¡Dábame igual que día fora! Na miña casa xa non había árbore de Nadal, nin regalos para os pequenos, porque non había pequenos; nin turróns, pola miña diabete.
Vivía soa, os que me importaban estaban lonxe, e realmente nunca significara nada especial para min esta data.
Mentres almorzaba, acendín a radio. Comprobei que no mundo tampouco se decataran de que era Nadal. Entón soou o timbre da porta. (97)