13/2/07

PALABRA NAMORADA

POEMAS GAÑADORES DE


PALABRA NAMORADA



Aquí tedes o poema gañador de galego do 1º Ciclo
e á súa autora facéndonos unha lectura do mesmo.

¡Que ben o paso contigo!
Chegaches un día
nunca antes te vira,
fixéchesme rir
e gustoume ese día.

Esperando a volverte a ver
a semana enteira pasei,
para rir de novo
quíxenche coñecer.

¿Onde estabas,
por que non viñas?
Moi ocupada
tiñas a vida.

Como se fora casualidade
intentaba coincidir,
desa maneira tan tonta
comezamos a saír.

¡Que ben o paso contigo
o tempo pasa de prisa!
¡Que rabia volver a casa
e non sentir a túa risa!

Arizmendi (Nerea López, 1ºC)


E aquí tedes a Dark Angel facendo a súa lectura ante un público entregado, que celebrou o seu éxito en galego e inglés. Dobre premio para Alicia
Espero esquecer

Brilla lúa no meu ceo
que es o único que me queda
despois de que me feriran
non teño nada nesta terra.

Entregueime con loucura
con paixón desesperada,
pensaba recibir o mesmo
e tratáronme como unha estraña.

A miña vida acabada,
o meu corazón en anacos
e sen embargo o amor
non teño forma de rexeitalo.

Tanto dano como me fixo,
tantos enganos como sufrín,
tantas loitas de pensamentos
e o amor non chega á fin.

Pídolle a Deus e á lúa
que son o único que me queda
que me axuden a olvidar ese amor
porque é o mal das miñas penas.

Din que o amor é cego,
din que dura toda a vida,
pois eu vin os enganos
que me deixaron de todo doída.

A pesar desa dor,
dese rexeitamento continuo
o amor que por el sinto
segue no meu corazón... vivindo.

Espero que algún día
non moi lonxe do presente
esqueza a ese rapaz
e sexa feliz novamente.
Dark Ángel (Alicia Ogando, 3º)


Who are They?
They say that
I love you
I say that
It isn't true.

They say that
you love me
I want that
It would come true

They say that
we are traitors
because we don't
say the truth.

Who are they?
They are our
hearts, suffering
for our loneliness.

Dark Angel (Alicia Ogando 3º)

No hay comentarios: