1/11/07

Estos profes meten medo!!

Aquí tedes tres relatos feitos por tres profes/as do Intituto. Podedes intentar adiviñar que profe/a escribiu cada relato. Apuntádeo debaixo de cada relato co voso nome, na corcheira da entrada do IES, ou facede un comentario nesta entrada do blog. O próximo luns haberá premio para quen acerte os tres.


MIEDO

Nunca hasta hoy había conocido lo que es el miedo.
Pero ahora, en esta casa abandonada, con la única luz de la luna llena, me encuentro frente a frente con un ser inmóvil, pálido y cadavérico, casi espectral que me hiela la sangre. No me atrevo a mover ni un solo músculo e incluso, por unos instantes noto que mi corazón deja de latir. A la velocidad del relámpago, tengo una premonición: “Estoy en la flor de la vida y puedo perderla”
Un último temblor frío recorre mi cuerpo antes de darme cuenta de que aquello.. . ¡era un espejo!


Autor/a: ...?? Javier (Mates) -Auri - Almudena - Silvia - Luz - Emilio - Mar - Sonia - Xaquín??



QUE NON CHEGUE A NOITE...

A noite tecía cos seus fíos escuros o camiño perfecto para que me atoparas e alumeaba os teus pasos, alentando as túas ansias de... Lembro o primeiro día que te vin…Coa ventá aberta da miña habitación, deixábase entrever as siluetas durmidas das flores que aparentemente custodiaban a casa a vez que se colaba un sinuoso frío, cando de súpeto...Entraches, o aire faltoume o sentir que crecías mentres me devorabas...AHHHHHHHHHH!!! Agora soño, cos ollos ben abertos, con non quedarme de novo durmida...Oxalá non chegara nunca a noite para non ser de novo a túa escrava.


Autor/a:...?? Javier - Auri - Almudena - Silvia - Luz - Emilio - Mar - Sonia - Xaquín??


Sen Piedade

Esa noite sentía o frío arredor de min. Durante uns meses fora quen de esquivar a situación, pero nesta noite, escura como unha flor negra que medrara absorbendo as cores da vida, sentiame máis e máis angustiado. Nos corredores o silencio, que ata hoxe era o meu aliado, me perseguía de sombra en sombra, mentres agardaba a inevitable chegada dos primeiros raios de luz. Sabía que co día chegaría o final, sen remedio, sen piedade, sen perdón…
Á hora en punto o final chegou, as miñas portas abrironse: os alumnos volvían ao instituto, sen remedio, sen piedade, sen perdón!

Autor/a:...?? Javier - Auri - Almudena - Silvia - Luz - Emilio - Mar - Sonia - Xaquín??

1 comentario:

Eladio Bernabé Fernández( Castedo)dice que dijo...

Case o comprendo,e que fai moita falla moita valentía para enguedellarse coa xente nova, e aínda que moitos verten moita nobleza, tamen os ahí que non.