Todos cumpren as condicións: menos de 100 palabras, e incluír obrigatoriamente arrepío, suor, espello.
Pasei a man pola fronte para secar o suor que me envolvía todo o corpo, estaba cansada pero sabía que non podía permitirme parar de correr, tiña que seguir, non podía deixar que me colleran, non estaba disposta a perder tan facilmente.
A chuvia batía en min fortemente, un enorme arrepío percorreu o meu corpo de pés a cabeza. Por moito que me pesara tiña que seguir correndo como fose, xa non sabía de onde quitar forzas.
Inclinei a cabeza, necesitaba verme no espello que formaba a poza, non me devolveu o reflexo.
Ana Antelo Castelo 2ºC
O REFLEXO
Era un día calquera, coma todos os días eu estaba vestíndome no meu cuarto e mirándome ao
Michael Pérez Riveiro 2ºA
Una noche de invierno, en una casa abandonada en un bosque, vivía sola una chica h
Sara Carril Rey 1ºC
UNA NOCHE CUALQUIERA
U

Aurora Parga González 1ºC
E aquí tedes dous relatos feitos por profes/as. Unha piruleta para quen me saiba decir quen os escribiu.
QUERO SAÍR
Non sei canto tempo levaba naquela habitación escura. Era un espazo que se facía máis pequeno día a día. Estaba baleiro, sen espellos e decoración algunha. Apenas podía moverme. Unha especie de suor quente percorría meu corpo. Non tiña fame. Alguén que non vía, alimentábame a diario. Cando me sentín con forzas comencei a patear nas paredes. De súpeto, fíxose a claridade. Non dubidei e lanceime cara á luz. Era moi potente, case que cegadora. Un grito arrepiante veu de fóra. Unhas mans poderosas agarráronme polo pescozo e tiraron tanto que rompín a chorar: nacera.
Lisbeth Salander
Noite eterna
Escuridade! Era o único, escuridade. O meu corpo afundíase nun mar de dor, nun suor frío, xélido, nun arrepío estremecedor. Só tiña a sensación de perda, de que algo dentro de min íase desfacendo, como néboa perdida na noite escura.
Aos poucos notei como o sentido retornaba a min. Distinguín unha luz estraña, entre nubes negras, coma un espello da miña alma.
De pronto sentinme forte, moi forte. Souben que non estaba vivo, que non estaba morto. Só tiña conciencia dos dous puntos vermellos no meu pescozo e de que tiña fame, unha fame feroz, de sangue fresco.
Siniestro
1 comentario:
Gustoume moito este certame en realidade bob soo gañar nestes concursos do insti...pero neste tuben moita imaxinación para escribilo...Bueno pos doulle a enoraboa todos os que participaron e digolles que sigan participando como intentarei facelo eu...Un saudo !!!!
Publicar un comentario